Quiroga impulsa a recuperación de Vilarmel e Paradapiñol tras os incendios do verán

RibeiraSacraXa
O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural supervisa actuacións de limpeza, drenaxe e mellora do alumeado cun investimento de 144.000 euros
lumes-Quiroga-supervisión-do-concelleiro
12 Jan 2026

O concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Quiroga, Luis Manuel Arias, desprazouse ata as zonas de Vilarmel e Paradapiñol para supervisar sobre o terreo as actuacións que se están a levar a cabo nestes lugares tras os incendios rexistrados o pasado verán. A visita serviu para comprobar o avance das obras e avaliar o estado das melloras executadas nas áreas afectadas polo lume.

As intervencións céntranse fundamentalmente nos labores de limpeza e acondicionamento de cunetas, así como na reparación de distintos pasos de auga, actuacións necesarias para mellorar a drenaxe, garantir a seguridade das vías e facilitar o acceso ás zonas rurais. Estes traballos tamén teñen como obxectivo previr novos danos derivados das choivas e da acumulación de restos vexetais.

As obras estanse a realizar grazas ás axudas aprobadas pola Xunta de Galicia en colaboración cos concellos para facer fronte aos danos provocados polos incendios do verán, cun investimento total de 144.000 euros. Dentro deste importe inclúense tamén actuacións de reparación do alumeado público no núcleo dos Alvaredos, un dos máis afectados polos incendios, así como outros traballos complementarios previstos na zona de Vilarmel.

⚙ Configurar cookies
0.078222036361694