Quiroga forma parte do programa Holapueblo, plataforma que loita contra o despoboamento

RibeiraSacraXa
Quiroga es unos de los 80 pueblos elegidos por la plataforma Holapueblo que lucha contra la despoblación de las zonas rurales.
Quiroga
23 Abr 2022

Quiroga forma parte da terceira edición do programa Holapueblo, unha plataforma que loita contra o despoboamento co obxectivo de atraer novos veciños a concellos de todo o territorio español con menos de 2.000 habitantes.

Nesta terceira edición foron seleccionados 80 pobos de toda España, entre os que se atopa o de Quiroga, para participar nun programa nacional que ata a data conseguiu que 19 concellos de 14 provincias gañen poboación, maioritariamente parellas de entre 40 e 50 anos e con fillos.

O Concello de Quiroga pretende ademais enlazar este programa coa posibilidade de desenvolvemento que ofrece a Aldea Modelo de Bustelo de Fisteus, que nestes momentos ten 10 hectáreas de terreo preparadas para a súa explotación.

O proxecto ideado por AlmaNatura e impulsado por el Grupo Red Eléctrica e IKEA, coa colaboración de Triodos Bank, Fundación Triodos, Correos e Reale Seguros, ten como propósito impulsar a repoboación nas áreas rurais facilitando o contacto de persoas que desexen facer realidade o seu proxecto de emprendemento no medio rural con pobos en busca de novos habitantes.

O compromiso que asume o Concello de Quiroga é que existan dúas vivendas que se poidan alugar, algo que pode ser en calquera lugar do municipio. Pola súa parte, a plataforma Holapueblo divulgará que Quiroga é un dos concellos seleccionados e que reúne as condicións idóneas para que persoas emprendedoras podan levar a cabo os seus proxectos. A plataforma encárgase de mentorizar e acompañar ás persoas emprendedoras a instalarse e desenvolver as súas ideas de negocio.

0.14644694328308