Quiroga fixo entrega dos diplomas aos gañadores do certame de narración e debuxo Letras Galegas 2025

Durante toda a pasada semana, co gallo do Día das Letras Galegas, o Concello de Quiroga foi levou a cabo diversas activades para celebrar a cultura e a tradición.
Con este motivo, o sábado, a Casa Consistorial foi o escenario da entrega dos diplomas aos gañadores do certame de narración e debuxo Letras Galegas 2025 convocado pola Biblioteca Municipal.
No acto estiveron presentes o alcalde, José Luis Rivera Castro , o concelleiro de Normalización Lingüística, Xosé Manuel Fernández Montes, e o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias González, encargados de entregar estas distincións.
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.
Tras a entrega de premios, na entrada da Casa do Concello, o grupo de gaitas local “O Recanto” ofreceu unha actuación que puxo fin aos actos organizados polo goberno municipal para homenaxear ás cantareiras.