Quiroga festexará o San Martiño os vindeiros 10 e 11 de novembro

RibeiraSacraXa
O Magosto Popular terá lugar o luns, 11 de novembro, coa actuación do grupo de gaitas O Recanto
Cartaz-san-martiño-quiroga
4 Nov 2024

Quiroga prepárase para festexar o San Martiño os vindeiros días 10 e 11 de novembro, unha festa para celebrar o outono que terá ás castañas asadas como protagonistas.

Oficialmente, o San Martiño celébrase o luns, 11 de novembro, para cando están previstas a maioría das celebracións, que arrancarán ás 11.00 horas da mañá cunha misa solemne e unha procesión co grupo de gaitas O Recanto. Ás 11.15, haberá unha alborada a cargo do mesmo grupo polo barrio da Praza Maior e, ás 19.00 horas, comezará o Magosto Popular co reparto de viño e castañas asadas e amenizado pola música das gaitas. Para rematar a xornada, ás 20.00 horas haberá unha festa a cargo de DJ Michael.

Ademais, o Concello de Quiroga adianta as celebracións ao domingo, 10 de novembro, coa obra de teatro 'Na procura dun traballo', a cargo de Métátese Teatro, ás 18.00 horas no Auditorio Municipal.

0.22454500198364