Quiroga festexará a súa noite de San Xoán

O Concello de Quiroga prepara o seu día de San Xoán para o vindeiro 23 de xuño.
Quiroga festexará a noite máxica do ano na área de recreo do parque da Constitución. Será o próximo 23 de xuño e contará coa tradicional sardiñada ás 21.00 horas da noite. Asemade, a festa proseguirá ata altas horas da madrugada coa fogueira de San Xoán, que comezara ás 23.00 horas.
O evento está organizado polo Concello de Quiroga.