Quiroga festexa este domingo a XXXIV Feira Mercado e Mostra do Mel

RibeiraSacraXa
A cita contará coa participación do grupo de gaitas O Recanto e a banda All-Kansas
Feira-do-Mel-Quiroga-2
10 Aug 2025

A trixésimo cuarta edición da Feira Mercado e Mostra do Mel de Quiroga regresa este domingo, 10 de agosto de 2025, cunha xornada onde a música e gastronomía serán as protagonistas.

A feira, organizada polo Concello de Quiroga en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel, arrancará ás 11:00 horas coa apertura do recinto e unha alborada a cargo do grupo de gaitas O Recanto na rúa Real, e continuará cunha sesión vermú amenizada polo grupo All-Kansas na Praza Rúa Lago.

⚙ Configurar cookies
0.27770209312439