Quiroga festexa as Grandes Festas Margaride de Lor
A partir de hoxe e durante toda a fin de semana Quiroga celebra as Grandes Festas Margaride de Lor na honra de San Vicente.
Esta noite, 20 de xaneiro, a partir das 21.00 horas terá lugar a Festa do Chourizo, onde os asistentes poderán desfrutar dunha degustación gratuíta de panceta e chourizos caseiros, viño de margaride e roscón. Ademais, a sesión nocturna estará amenizada por unha verbena a cargo da orquetra La Travesía.
Con respecto ao sábado, 22 de xaneiro, a festa comezará xa de mañá con pasarrúas a cargo do grupo rexional de gaitas O Recanto ata ás 14.00 horas, momento no que terá lugar unha misa solemne e unha procesión, durante a sesión vermut, que será amenizada polo mesmo grupo musical. Pola noite seguirá a festa cunha verbena a cargo do grupo Somos Nosotros.
Para rematar a fin de semana festiva, o domingo 22 de xaneiro repetirase as actividades da mañá anterior cun pasarrúas a cargo do grupo O Recanto e ás 13.30 horas será cando se celebra a misa solemne e procesión. Na sesión vermut e na festa estará a solita Nuncy Valcarcel.