Quiroga despídese da X edición do Qui-Roma a causa dos lumes

RibeiraSacraXa
Desde o Concello e a asociación Qui-Roma decidiron cancelar a edición deste ano, prevista para a próxima fin de semana, debido aos graves incendios que arrasan miles de hectáreas na zona
Qui-Romaa-2024
Qui-Roma 2024
22 Aug 2025

A organización do Qui-Roma anunciou a suspensión da décima edición desta tradicional festa de castrexos e romanos, que estaba prevista para celebrarse o último fin de semana de agosto en Quiroga.

O Concello de Quiroga, que ía ser o principal organizador do evento, decidiu cancelar a celebración debido aos graves incendios que arrasaron miles de hectáreas na zona. Segundo o equipo de goberno local, “non é momento de organizar unha festa na que o ánimo e a participación da veciñanza son fundamentais”.

A festa do Qui-Roma caracterízase pola implicación activa da poboación, e os responsables consideran que o contexto actual non permite desfrutala como merece. Ademais, algúns dos colaboradores máis importantes do evento, como Mario Nogueira, que xestiona parte da gandería afectada polo lume, están a atravesar momentos difíciles polos danos sufridos, explican os seus compañeiros.

Desde o Concello e a asociación QUI-ROMA comunicaron que a décima edición celebrarase finalmente o sábado 22 de agosto de 2026, agardando que para entón Quiroga poida recuperarse dos efectos do incendio.

Mentres tanto, os veciños fan un chamamento á recuperación e a manter a esperanza de que o municipio volva ser “o paraíso que sempre foi”.

⚙ Configurar cookies
0.20141291618347