Quiroga despediu o ano cun Mercado de Nadal na Praza España

RibeiraSacraXa
Durante a fin de semana, veciños e visitantes puideron realizar compras de produtos variados e gozar dun ambiente navideño apoiando o comercio local e a artesanía
mercado-nadal-quiroga
29 Dec 2025

O Concello de Quiroga celebrou este pasado fin de semana un Mercado de Nadal na Praza España, unha iniciativa coa que o municipio quixo pechar o ano apoiando o comercio local e o sector da artesanía. A cita desenvolveuse durante o sábado e o domingo e rexistrou unha notable afluencia de público ao longo de ambas as xornadas.

O mercado instalouse nunha gran carpa que acolleu unha quincena de postos de comercio e artesanía, ademais de distintas propostas de animación dirixidas a todos os públicos. A apertura do recinto contou coa presenza do alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, acompañado por membros do goberno municipal.

Durante o fin de semana, veciños e visitantes puideron realizar compras de produtos variados e gozar dun ambiente navideño marcado pola participación cidadá, coincidindo ademais coa xornada do mercado semanal na vila. O evento contou tamén coa colaboración de asociacións locais, que aproveitaron a ocasión para dar visibilidade ao seu labor solidario.

O Mercado de Nadal incluíu actividades infantís, obradoiros e animación musical, que contribuíron a dinamizar a praza e a atraer especialmente ás familias. O domingo sumáronse demostracións artesás e actuacións musicais que animaron a mañá a pesar das baixas temperaturas.

A iniciativa estivo organizada polo Concello de Quiroga coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel e contou co apoio do Centrad (Centro de Artesanía e Deseño), dependente da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou unha axuda de 6.476 para cofinanciar esta actividade.

0.27355098724365