Quiroga dá inicio ao verán cunha xornada de portas abertas gratuíta na piscina municipal

RibeiraSacraXa
A tempada de baño estenderase ata o domingo 7 de setembro
piscina-municipal-quiroga
Piscina Municipal de Quiroga
27 Jun 2025

As piscinas municipais do Concello de Quiroga abren hoxe venres as súas portas ao público, dando así comezo á tempada estival. Como é habitual, a xornada de apertura será gratuíta para todas as persoas usuarias.

As instalacións manterán os mesmos prezos das entradas e dos bonos que en anos anteriores. O horario de apertura será ininterrompido, todos os días, desde as 12:00 ata as 20:00 horas.

Tamén está dispoñible o servizo de cafetería, que funcionará nun horario máis amplo có das piscinas.

A tempada de baño estenderase ata o domingo 7 de setembro.

⚙ Configurar cookies
0.14178395271301