Quiroga convoca o concurso de comparsas e carrozas do Entroido de 2025

RibeiraSacraXa
As inscricións deberán formalizarse antes do 26 de febreiro
Entroido-Quiroga-3
Desfile de Entroido de Quiroga
7 Feb 2025

O vindeiro domingo 2 de marzo terá lugar o tradicional concurso-desfile de comparsas de Entroido, que este ano contará cun incremento no orzamento destinado aos premios. O desfile comezará ás cinco da tarde na rúa Piscinas e percorrerá a rúa Real ata chegar á Casa Consistorial, onde rematará cun animado baile de disfraces a cargo da charanga Os Caliqueños e cunha invitación a chocolate con churros para todos os asistentes

Poderán participar neste concurso-desfile todas as persoas interesadas, tanto do propio Concello como doutros municipios, sempre que se acollan a unha das dúas modalidades estipuladas. A Modalidade comparsa deberá estar integrada por un mínimo de dez membros. A Modalidade disfrace individual permitirá un máximo de tres membros por disfrace

Cada grupo ou participante deberá designar un representante que formará parte do xurado, o cal estará composto por tantos membros como comparsas e disfraces participen no desfile. Os integrantes do xurado, tras presenciar o percorrido, avaliarán a orixinalidade dos disfraces, a coreografía, a escenografía, a elaboración do vestiario e a confección da carroza

Para a modalidade de comparsa establécense os seguintes premios: primeiro premio de 600.00 euros, segundo premio de 400.00 euros e terceiro premio de 300.00 euros. O resto das comparsas participantes recibirán unha compensación de 100.00 euros. Para a modalidade de disfrace individual haberá un único premio de 60.00 euros ao mellor disfrace

As inscricións deberán formalizarse antes do 26 de febreiro na Casa da Cultura ou a través da Sede Electrónica do Concello de Quiroga, onde tamén se poden consultar as bases do concurso

Ademais, o luns 3 de marzo, os máis pequenos poderán gozar da súa propia festa de disfraces a partir das cinco da tarde.

0.10741400718689