Quiroga contará este verán co V Campus de Voleibol e co XVI Campus de Fútbol

RibeiraSacraXa
Ambos campus desenvolveranse en diferentes datas en xullo
campus-voleibol-quiroga-2023
16 Jun 2024

O Concello de Quiroga poñerá en marcha o V Campus de Voleibol de Quiroga que levará novamente o nome da xogadora quiroguesa, Carolina Camino.

O campus desenvolverase desde o luns día 8 ata o venres 12 de xullo no pavillón municipal. Aberto a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 aos 16 anos levarase a cabo entre as dez da mañá e a unha e media do mediodía.

Ademais de volei os participantes teñen a oportunidade de acudir as instalacións das piscinas municipais onde os deberán de recoller os pais, nais ou titores.

As inscricións poden realizarse na casa da cultura ata o 5 de xullo tendo un prezo de 30 euros incluído o equipamento de cada participante.

Campus de Fútbol

E tamén, un ano máis haberá Campus de Fútbol, que xa vai pola súa XVI edición, entre os días 15 e 19 de xullo. O campus desenvolverase entre o campo de fútbol San Martiño e as instalacións das piscinas municipais, desde as dez da mañá e a unha e media do mediodía.

Os rapaces que queiran participar deste campus, teñen que ter entre 6 e 16 anos e anotarse na Casa da Cultura. O prezo do campus, que inclúe equipamento, será 30 euros para os participantes das escolas deportivas e de 50 euros para o resto.

0.1179358959198