Quiroga conta cunha nova web e cunha ruta literaria grazas ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
Quiroga conta cunha nova web e cunha ruta literaria grazas ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, quen financiou
Ruta literaria Quiroga
24 Xuño 2023

Os Museos de Quiroga conta cunha nova páxina web grazas á financiación do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, a través do seu Plan de Sostenibilidade Turística, e tamén crearon a ruta literaria 'Quiroga, territorio literario'.

A nova web dos museos de Quiroga, emprazada na mesma dirección que a anterior: , inclúe tres espazos museísticos: o Museo Etnográfico, o Museo Xeolóxico e o Museo ao Aire Libre do proxecto “Arte no Ar” composto pola Ruta da Arte Urbana e a ruta literaria denominada “Quiroga, territorio literario”.

Melloras na web

O novo espazo web dos Museos de Quiroga, polo que se refire ao Xeolóxico e o Etnográfico, mellora substancialmente a accesibilidade dos mesmos, xa que a partir da lectura dun código QR que conduce á páxina pódese acceder á explicación de cada unha das salas en tres idiomas: galego, castelán e inglés. Ademais, no caso do Museo Xeolóxico, a través dos mesmos códigos QR, pódese acceder á versión dos paneis tamén nos tres idiomas.

Dende a propia páxina pódense realizar reservas online, obter información sobre prezos e horarios fixos e especiais, ou mesmo descargar o impreso para satisfacer as taxas municipais pola visita.

O aspecto máis novidoso desta páxina é a incorporación do proxecto de museo ao aire libre bautizado como “Arte no Ar”, que contempla por unha banda a ruta literaria “Quiroga, territorio literario” e por outra unha ruta de arte urbana con 19 emprazamentos.

O proxecto “Quiroga, territorio literario” recolle a idea trasladada aos técnicos de cultura por varias persoas relacionadas coas letras e as artes: Celia Díaz, Xosé Estévez, Pepe Mondelo e Eva Teijeiro.

Finalmente, o seu desenvolvemento, achéganos unha ruta literaria que percorre os lugares relacionados con seis escritores que se viron, en maior o menor grao, influenciados polo microcosmos das terras quiroguesas.

Ruta literaria

A ruta literaria dentro da proposta de museo ao aire libre “Arte no ar”, ofrece a posibilidade de coñecer lugares vinculados aos autores Pura e Dora Vázquez, Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Moreiras, Luis Losada, Ánxel Fole e Manuel María.

Ademais, pódense escoitar anacos seleccionados das súas obras, grazas á colaboración de varios veciños e, sobre todo, das comunidades educativas do CEIP e o IES de Quiroga, coa participación de máis de 30 mozos e mozas destes centros.

Outra das posibilidades que ofrece o museo ao aire libre é a ruta da arte urbana que discorre por un total de 19 emprazamentos, que amosan distintas disciplinas artísticas.

0.19443392753601