Quiroga conta cun novo mural deseñado polos artistas Alba Febre e Jokin Oregi

RibeiraSacraXa
A Asociación Quiroga en Marcha encargou un novo mural para adornar as rúas de Quiroga, concretamente no lateral dunha fachada na praza España a cargo dos artistas Alba Fabre e Jokin Oregi "Sor2”.
novo mural Quiroga
9 Ago 2023

A Asociación Quiroga en Marcha encargou un novo mural para adornar as rúas de Quiroga, concretamente no lateral dunha fachada na praza España a cargo dos artistas Alba Fabre e Jokin Oregi "Sor2”.

Estes dous artistas adoitan decantarse pola figuración e nesta ocasión a súa pintura dirixiuse ademais ao realismo, coa finalidade de “plasmar unha imaxe que representara unha escena cotiá que de sensación de amabilidade e calidez”. Como destacaron os autores, as cores foron escollidas para harmonizar co entorno.

Esta nova parada dentro da ruta de arte urbano “Quiroga no ar” contou coa financiación da Deputación Provincial e unha axuda do Quiroga Trail Challenge.

0.16464900970459