Quiroga celebrará o Entroido co tradicional concurso de comparsas

O Concello de Quiroga organiza o Concurso e Desfile de Comparsas de 2026, que terá lugar o vindeiro 15 de febreiro e que este ano repartirá máis de 1.300 euros en premios.
Así, na modalidade de comparsas, o primeiro premio será de 600 euros, o segundo de 400 e o terceiro de 300. Ademais, todas as comparsas participantes recibirán 100 euros. En canto á modalidade de disfraz individual haberá un só premio de 60 euros para o gañador ou gañadora. O prazo para inscribirse estará aberto ata o 10 de febreiro.
Ao remate do desfile haberá un baile de disfraces coa charanga CLK e os asistentes poderán degustar chocolate con churros diante do Concello.
Ademais, o luns, 26 de febreiro, será a quenda dos máis pequenos, que poderán gozar dunha festa infantil na sala multiusos do centro social a partir das 17:00 horas.