Quiroga celebrará a tradicional noite de San Xoán con sardiñas e fogueira

RibeiraSacraXa
Será o luns, 23 de xuño, no merendeiro do Parque da Constitución
lume-fogueira-cacharela
Fogueira de San Xoán
19 Jun 2025

O Concello de Quiroga organiza un ano máis a celebración da noite de San Xoán, que terá lugar o próximo luns 23 de xuño. Como marca a tradición, esta festividade coincide co solsticio de verán e caracterízase por unha serie de rituais arredor de fogueiras purificadoras.

A actividade comezará a partir das nove da noite no merendeiro do Parque da Constitución, onde se asarán sardiñas para todos os veciños que se acheguen. Antes da medianoite, sobre as once, acenderase a fogueira para que quen o desexe poida saltala, seguindo a costume popular que simboliza a liberación de meigallos e a petición de desexos.

⚙ Configurar cookies
0.14181900024414