Quiroga celebrará a IX edición dos Cantos de Taberna o 7 de marzo

A IX edición dos Cantos de Taberna celebrarase o próximo sábado 7 de marzo en Quiroga. O Concello abriu o prazo de inscrición para os grupos interesados en participar neste festival de música tradicional, que se poderá facer de forma gratuíta na Casa da Cultura ata o 2 de marzo, chamando ao 982 435 125.
Para levar a cabo a actividade, precisaranse un mínimo de seis grupos e un máximo de doce, cada un con polo menos cinco integrantes. A organización asignará 150 euros a cada grupo para que poidan gastar nos establecementos polos que transcorra o percorrido, mentres que estes locais comprométense a ofrecer tapas ou pinchos aos participantes.
Antes do inicio do festival, os grupos reunirase para recibir o itinerario das actuacións. Cada intervención terá unha duración aproximada de media hora, cun repertorio libre, preferentemente centrado en temas populares e tradicionais. As actuacións comezarán arredor das 18:30 horas e prolongaranse ata aproximadamente a medianoche na praza da rúa Lago.