Quiroga celebra este sábado o seu pasado romano cunha xornada histórica
Volve o Qui Roma coa súa VIII edición en Quiroga, unha festa castrexo romana na que diversas compañías e particulares recrean unha xornada histórica na que haberá mercado romano con artesanía e productos típicos, obradoiros infantís, actuacións de música tradicional, mostras artesanais, xogos de ambientación romano castrexo, desfile de romanos e castrexos e loita de gladiadores.
Así, concretamente, o sábado 19 a festa dará inicio ás 9.30 horas coa ruta de cabalos e ás 11.00 horas abrirá o mercado do Qui-Roma cunha demostración de gancho e traballos de arame. Tamén a esa mesma hora haberá actividades para os máis pequenos e a actuación dos Gaiteiros Romanos Os Palletas.
Ás 11.30 horas terá lugar o I Desfile da Garda Romana Lucus Equites e ás 12.45 horas comezará a actuación da Garda Romana Lucus Equites. Ás 13.00 horas dará inicio a sesión vermú co dúo Dous En Punto e ás 13.30 horas comezará a comida, con polbo e churrasco.
Xa ás 16.30 horas darán comezo as actividades para nenos e nenas, consistentes en talleres, escola de pequenos gladiadores e ás 18.30 horas haberá un Bingo-Qui Romano. Pola súa parte, ás 19.00 horas celebrarase o II Desfile dá Garda Romana Lucus Equites e, ao mesmo tempo, o espectáculo circense de Arturo Cobas Show.
Máis tarde, ás 20.30 horas, terá lugar o desfile Qui-Romano "Arde Loucus" e ás 21.00 horas terá lugar o espectáculo-recreacción da loita de gladiadores Qui-Romanos Vs Castrexos. Despois, ás 21.30 horas, haberá unha gran paellada para todos os asistentes, que rematará ás 23.00 horas co concerto de The Loriens, e a partir das 00.30 horas continúa a festa con disco móbil Dolce Vita.
XI Festa do Ouro en Quiroga
Ademais, Quiroga acolle tamén este sábado, 19 de agosto, a súa Festa do Ouro na parroquia de Magaride de Lor, que lembra o seu pasado romano preto das proximidades da antiga explotación aurífera das Covas do Medo.
Os actos, organizados pola Asociación de Veciños de Margaride, comezarán coa misa en latín na capela da localidade ás 11.30 horas e, a partir das 12.00 horas farase o tradicional percorrido polas adegas coa música do grupo tradicional O Recanto.
Xa ás 14.30 horas terá lugar un xantar conxunto no campamento castrexo-romano, xunto ás Covas do Medo, a base de polbo e churrasco, e pola tarde haberá xogos infantís, animación festiva do Dj Kola, unha cea popular e, despois, terán lugar unha serie de rituais celtas, que incluirán a queimada, xusto antes da verbena.