Quiroga celebra este sábado a primeira edición da “Summer Begins Quiroga”

RibeiraSacraXa
O evento, pensado para a mocidade, contará con charangas e DJs durante toda a noite no Parque da Constitución
summer-begins-quiroga
14 Jul 2025

A Concellería de Xuventude de Quiroga organiza este sábado, 19 de xullo, a primeira edición da festa “Summer Begins Quiroga”, unha cita pensada para a mocidade local que busca converterse nunha data fixa para dar a benvida ao verán e celebrar o remate do curso académico.

Segundo explica o concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, a iniciativa responde á demanda da mocidade de contar cunha actividade propia dentro da programación do verán. A festa conta ademais coa colaboración económica da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A xornada arrancará coa charanga Louband e continuará coa música de varios DJ locais, como DJ Fa, DJ Michel, DJ Adri e DJ Mavilo, xunto co DJ valenciano Dani Daniel como convidado.

O recinto da festa estará situado na entrada do Parque da Constitución e contará con postos de merchandising e food trucks para facilitar a estancia das persoas asistentes. A cita comezará ás 18:30 horas e prolongarase ata as 2:30 da madrugada.

⚙ Configurar cookies
0.16526508331299