Quiroga celebra a XII Festa do Ouro de Margaride

RibeiraSacraXa
Margaride celebra a Festa do Ouro, organizada pola Asociación de veciños de Margaride
Roteiro-do-Ouro-Margaride
17 Ago 2024

Margaride celebra a Festa do Ouro, organizada pola Asociación de veciños de Margaride, durante o día de hoxe, coincidindo co Qui-Roma, dúas festas de lembranza romana.

Os actos comezarán, como é tradición, coa misa en latín na capela da localidade ás 11.30 horas e, a partir das 12 horas, farase unha animada visita ás adegas coa música de gaiteiros.

Ás 14.30 horas comezará o xantar conxunto e popular no campamento castrexo-romano, xunto ás Covas do Medo, a base de polbo e churrasco.

Pola tarde haberá xogos entre castrexos e romanos, a actuación infantil do 'Deime, o Mago Castrexo' e a proposta 'Na busca do ouro, tamén para a cativada.

A partir das 18.30 horas terá lugar a conferencia na Cova do Medo a cargo de Luís Francisco López González, doutor en Arqueoloxía e natural de Torbeo (Ribas de Sil).

O programa continuará coa animación festiva do Dj Kola ás 20.00 horas, seguida da cea popular, e xa sobre ás 23 horas comezará a “nox terrorem” con rituais celtas e queimada. O broche da celebración porase cunha verbena da man de La Indirigible.

0.12262606620789