Quiroga celebra a 11ª San Silvestre Solidaria o 31 de decembro

RibeiraSacraXa
Para participar só será necesario entregar 2 quilos de alimentos non perecedeiros que serán destinados ás familias máis necesitadas do Concello
San-Silvestre-Quiroga-4
24 Dec 2025

O Concello de Quiroga organiza un ano máis a tradicional San Silvestre Solidaria, que terá lugar o mércores 31 de decembro ás 12:00 horas. A proba, cun percorrido urbano de aproximadamente 3,5 quilómetros e dificultade moi baixa, convida a participar correndo ou andando polas rúas do municipio.

A saída realizarase desde a Praza Rúa Lago, e as inscricións poderán facerse no mesmo lugar de 11:00 a 12:00 horas, entregando como requisito 2 quilos de alimentos non perecedeiros. Estes alimentos serán destinados ás familias do Concello, promovendo así o carácter solidario da iniciativa.

Como novidade, e ao igual que o ano pasado, antes da saída realizaranse as tradicionais “prebadaladas”, onde todos os participantes recibirán unhas gominolas para recibir o 2025 12 horas antes.

A San Silvestre é unha proba non competitiva, sen clasificación nin trofeos, deseñada para que todos poidan gozar do deporte e da diversión. Ademais, entregarase un accesorio especial para celebrar a chegada do 2024 a cada participante.

Entre os momentos máis agardados está a entrega dunha cesta de Nadal ao mellor disfrazado, así como o sorteo de catro cestas de Nadal entre todos os participantes.

O Concello anima a despedir o ano 2025 facendo deporte e pasándoo en grande nesta cita solidaria e festiva.

⚙ Configurar cookies
0.076493978500366