Quiroga aproba rebaixar o IBI e unha taxa pola tramitación de documentación no catastro

RibeiraSacraXa
Ambas propostas foron aprobadas por unanimidade no último Pleno do ano
pleno-decembro-quiroga
23 Dec 2024

A corporación municipal do Concello de Quiroga celebrou a derradeira sesión plenaria deste ano, na que foron aprobados por unanimidade dous dos puntos puntos presentados

O primeiro foi a modificación da ordenanza fiscal do Imposto de Bens Inmobles. Trátase dunha rebaixa porcentual no Imposto de Bens Inmobles (IBI) tanto no de natureza urbana como o de rústica. Unha vez que esta ordenanza entre en vigor, tras o prazo de exposición pública e a resolución de alegacións, o gravame que se aplicará no caso da urbana será do 0´58% e na rústica 0´50%. Na actualidade estes dous tipos de gravame estaban situados no 0’60%.

O segundo punto aprobado foi a ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos relativos á acreditación catastral. Tras a recente firma dun convenio entre o Concello de Quiroga e a Dirección Xeral de Catastro, dende o propio concello pódense realizar determinados trámites sen ter que desprazarse a Lugo

Dende o Punto de Información Catastral do concello seguirase informando ata o de agora en temas relativos ao catastro, pero ademais, para as persoas con propiedades dentro do municipio de Quiroga, comezan a expedirse documentos coa mesma taxa que teñen que abonar directamente Dirección Xeral de Catastro.

Na orde do día figuraba tamén unha moción presentada polo BNG relativa á situación do galego e á adopción de medidas para a súa efectiva normalización, pero non contou cos votos suficientes para a súa aprobación.

0.1575391292572