Quiroga albergará a última fase do proxecto 'O Courel Destino y Futuro'

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura de Quiroga será o lugar onde se desenvolverá a iniciativa, na que se falará sobre a importancia de captar investimentos e investidores
Xornadas-Courel-Destino-e-Futuro
27 Xuño 2024

Este venres, día 28, a partir das 10.00 horas unha ducia de relatores representantes de institucións, como a Xunta de Galicia, o IGAPE, Turismo, Fundacións de Desenvolvemento Rural como Acción contra a fame ou a Fundación Juana de Vega, e empresarios de sectores como o vinícola e expertos en investimentos así como en innovación e comunicación; debaterán na última fase do proxecto 'O Courel Destino y Futuro' sobre as políticas que incentiven e fixar poboación na Comarca do Courel nos seus tres municipios: Quiroga, Folgoso e Ribas de Sil.

A Casa da Cultura de Quiroga será o lugar onde se desenvolverá a iniciativa, na que se falará sobre a importancia de captar investimentos e investidores, por parte da directora territorial da Consellería de Emprego, Carmen José López, do subdirector de asesoramento empresarial e apoio da Oficina Económica da Xunta de Galicia,José Manuel Fernández, e do consultor especializado Hugo Criado, CEO de Medrar Smart Solutions.

As recomendacións dos relatores sobre proxectos que foran desenvoltos noutras comarcas e que poden ser transferibles a territorios como o do Courel serán analizados polos representantes das Fundacións que traballan neste ámbito noutras localidades de Galicia.

Unha mesa especial será a dedicada ao debate de ideas e recomendacións sobre tres áreas de gran importancia para O Courel: o turismo, os viños e a imaxe de marca, nos que intervirán Paloma Vázquez como xefa territorial de Turismo da Xunta de Galicia, Juan Luis Vázquez, como CEO das adegas Casa de Outeiro e María Valcárcel Tabernero especialista en comunicación.

A xornada será clausurada cun panel de conclusións e de desenvolvemento de políticas institucionais a cargo de José María López Bourio, responsable do proxecto 'O Courel', e de Martín Alemparte Vidal, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL).

0.15229797363281