Quiroga acolleu unha xuntanza informativa sobre a nova normativa do aceite

A Casa Consistorial do Concello de Quiroga acolleu unha xuntanza informativa sobre a normativa que debe cumprir o sector do aceite para poder comercializarse.
Na xuntanza, que contou coa presenza da totalidade dos olivicultores locais que venden o seu produto e o alcalde de Quiroga José Luís Rivera, participaron técnicos do Servizo de Industria, Calidade e Cadea Alimentaria da Xunta de Galicia.
A finalizade desta xuntanza informativa foi explicarlles aos olivicultores as normas que deben cumprir para por a venda o aceite de Quiroga, sobre de todo en temas de formalización de contratos de compra venda.
Os técnicos informaron sobre a normativa que deben cumprir e responderon a todas as dúbidas formuladas polos olivicultores. Tamén lles comunicaron que está previsto comezar a inspeccionar o sector do aceite como xa se fai con outros sectores como o do viño.