Quiroga acolleu unha nova Feira de Artesanía e Produtos Típicos
O Concello de Quiroga organizou unha nova Feira de Artesanía e Produtos Típicos, coincidindo coa Feira de Mercado do día 27. O recinto feiral abríase ao público a partir das nove da mañá e ata a unha do mediodía, ao longo da rúa Real.
Na praza da rúa Lago, os compoñentes da agrupación Xograres de Lemos ofrecían un concerto para todo o público e a troula continuou pola noite, a partir das 22.00 horas na rúa Real co musical 'Camiñantes e Cantantes', o musical dos Camiños de Santiago.
A orquestra a Ocaband foi a banda sonora, mentres que Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín guiaron o espectáculo musical no que se conta mediante as cancións galegas máis populares e coñecidas dos últimos anos e a través dunha pantalla xigante sobre o escenario, as diferentes rutas xacobeas a Santiago de Compostela, vinculando as cancións ou os cantantes ás diferentes rutas.