Quiroga acollerá un curso de atención hixiénico-sanitaria para persoas dependentes

RibeiraSacraXa
Será do 7 ao 9 de xullo na Casa da Cultura de Quiroga
curso-hixiene-bucodentaal-quiroga
2 Jun 2025

Ata o 4 de xullo está aberto o prazo para anotarse no curso de “Atención Hixiénico Sanitaria para Persoas Dependentes”, que se celebrará os días 7, 8 e 9 de xullo na Casa da Cultura de Quiroga, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

A actividade, de carácter gratuíto e cun certificado oficial, está dirixida a mulleres con cargas familiares derivadas dende os servizos sociais municipais, e forma parte do programa FOADOM (Formación en Axuda a Domicilio para Mulleres de Concellos Rurais de Alta Dispersión).

Organizado pola Fundación María José Jove, a Xunta de Galicia e o Concello de Quiroga, o curso ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das mulleres no ámbito da atención a persoas dependentes, un sector cunha alta demanda, así como reforzar a súa autonomía persoal, social e laboral.

As persoas interesadas poden solicitar máis información e formalizar a inscrición nas oficinas de Servizos Sociais do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.15713000297546