Quiroga acollerá por terceiro ano o Campamento Voleigalego de 2025

A Federación Galega de Voleibol organizará por terceiro ano consecutivo o Campamento Voleigalego, que se levará a cabo en dúas quendas, do 20 ao 27 de xullo e do 27 de xullo ao 3 de agosto.
O campamento está dirixido a xogadores e xogadoras nacidos entre 2007 e 2013, sen importar o seu nivel de experiencia. A actividade inclúe adestramentos específicos e sesións orientadas a mellorar as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais dos participantes. Ademais, realizaranse competicións internas e actividades de lecer como sendeirismo e deportes acuáticos.
O campamento desenvolverase no pavillón municipal, e os participantes contarán con aloxamento e alimentación no albergue municipal.
As inscricións están abertas ata o 30 de xuño e poden realizarse a través do formulario dispoñible na páxina web da Federación Galega de Voleibol. Os interesados de Quiroga poderán recoller o formulario na casa consistorial.