Quiroga acollerá en setembro a primeira edición da Quiroga Bike Marathon

RibeiraSacraXa
A proba perfílase como unha cita imprescindible para os amantes do BTT
quiroga-bike-marathon
16 Feb 2025

O vindeiro 6 de setembro de 2025, o Concello de Quiroga acollerá a Quiroga Bike Marathon, unha proba de bicicleta de montaña (BTT) de longa distancia que promete poñer a proba a resistencia e habilidade dos participantes.

O evento, que non será federado, permitirá a participación en modalidade individual, en parella ou en parellas mixtas, ofrecendo así opcións para todos os ciclistas, desde os máis experimentados ata aqueles que buscan un reto compartido.

A proba contará con dous esixentes percorridos que atravesarán parte do territorio de Quiroga, ofrecendo unha contorna natural espectacular e un desafío deportivo de primeiro nivel:

  • Bike Marathon: 45 km con 1.400 metros de desnivel positivo.
  • Bike Extreme: 67 km con 2.400 metros de desnivel positivo.

A Quiroga Bike Marathon perfílase como unha cita imprescindible dentro do calendario de BTT, combinando paisaxes impresionantes, percorridos esixentes e unha experiencia inesquecible para todos os participantes.

0.17742490768433