Quiroga acollerá cursos para persoal traballador de atención a persoas con dependencia e axuda no fogar
O ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no seu Plan de actuación 2024 recolle, no seu eixe 5, “Promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade”, un programa específico para persoal traballador de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar.
Para o desenvolvemento destas accións xurdiu a posibilidade de poder desenvolver unha das formacións no Concello de Quiroga, co cal fixéronse as xestións oportunas dende os departamentos de Orientación Laboral e de Servizos Sociais para conseguir os talleres formativos.
Estes días concretábase todo dende Servizos Sociais, tanto coa empresa encargada da formación, Gestión Plus, como coa empresa do Servizo de Atención a Domicilio, Attende Care, como coa dirección do Centro de Día para facilitar esa formación a traballadoras destes dous servizos de atención directa a persoas con dependentes e axuda no fogar.
Neste senso, Quiroga será un dos oito concellos de Galicia beneficiarios con estes interesantes e necesarios talleres que están estruturados en 4 xornadas teórico-prácticas de 4 horas cada unha delas.
A devandita formación será os sábados 22 e 29 de xuño, e 6 e 13 de xullo en horario de 9.00 a 13.00 horas e impartirase na aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga.
Dende o Equipo de Goberno e a Concellería de Servizos Sociais queren lembrar que están a traballar para mellorar a calidade de vida laboral das traballadoras de atención directa aos nosos maiores considerando que, con este tipo de accións concretas, pódese axudar un pouco a dotarlle de ferramentas que melloren a súa seguridade e a súa saúde física e psíquica. E tendo en conta, xa de paso, que estas accións repercutirán tamén no benestar das persoas que reciben a atención, xa sexa nas súas casas ou no Centro de Día.