Comeza unha nova edición da Feira de Oportunidades Xeoparque en Quiroga

RibeiraSacraXa
A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades Xeoparque na que colabora o Concello de Quiroga e que terá lugar esta fin de semana, tanto o sábado como o domingo.
Asociación comerciantes xeoparque do Courel
Asociación comerciantes xeoparque do Courel
25 Nov 2023

A Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organiza unha nova edición da Feira de Oportunidades Xeoparque na que colabora o Concello de Quiroga e que terá lugar esta fin de semana, tanto o sábado como o domingo.

A cita terá lugar no pavillón municipal de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Haberá roupa e calzado, pequenos electrodomésticos, produtos de alimentación e telefonía.

Todos os que se acheguen tamén poderán atopar artigos de coidado persoal, agricultura, libraría, xoiería e artesanía. Ademais, tamén poderán participar e gozar en varios obradoiros e pintacaras.

Feira Oportunidades Xeoparque Courel
0.13148999214172