Quiroga acolle un campo de voluntariado que está a facer traballos na zona de Pena Furada
RibeiraSacraXa
Varios rapaces e rapazas estiveron participando esta semana dun Campo de Voluntariado en Quiroga traballando na zona de Pena Furada co obxectivo de recuperar o túnel escavado na rocha polos romanos para conducir auga a varias minas de ouro.
3 sep 2023

Ademais do traballo, estes voluntarios visitaron e coñeceron distintos lugares do municipio, como os viñedos da adega Casa de Outeiro, no que os participantes puideron entender o proceso de elaboración do viño e a historia da adega.
As accións de carácter arqueolóxico que están levando a cabo estes voluntarios altérnanse cunha serie de actividades lúdicas, deportivas e culturais encamiñadas a descubrir a oferta natural da contorna.