Quiroga acolle un campo de voluntariado para mellorar o acceso á fervenza do Pozo do Batán

RibeiraSacraXa
Os participantes realizarán tarefas de limpeza, roza e sinalización dos accesos á fervenza, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade e visibilidade
voluntariado-fervenza-do-batan-quiroga
28 Jul 2025

Un grupo de mozos e mozas participa dende o 24 de xullo nun novo campo de voluntariado en Quiroga, organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. A actividade estenderase ata o 3 de agosto e céntrase na posta en valor da fervenza do Pozo do Batán, situada no río Ferreiriño, moi preto do pregamento xeolóxico de Campodola e da ruta de sendeirismo PRG 192.

Durante estes días, os participantes realizarán tarefas de limpeza, roza e sinalización dos accesos á fervenza, co obxectivo de mellorar a súa accesibilidade e visibilidade. Ademais, colaborarán na elaboración dun vídeo promocional sobre este espazo natural, contribuíndo tamén á difusión do Xeoparque Montañas do Courel e das rutas que ofrece o Concello.

O programa complétase con actividades culturais e de lecer, como unha visita guiada á antiga mina romana de Montefurado, percorridos polos museos locais e unha saída ao pregamento de Campodola Leixazós.

⚙ Configurar cookies
0.1604471206665