Quiroga acolle a presentación de 'As faces do diamante' de Celia Díaz Núñez

RibeiraSacraXa
Quiroga é o escenario da presentación da nova obra de Celia Díaz Núñez.
casa cultura quiroga
2 Nov 2023

Quiroga é o escenario da presentación da nova obra de Celia Díaz Núñez. A Casa da Cultura do Concello acolle a cita coa autora que falará sobre o libro As faces do diamante o vindeiro 11 de novembro a partir das 18.00 horas.

A novela As faces do diamante conta a historia dunha anciá que camiña con zapatillas rotas, dunha rapaza rescatada dun colector do lixo, dun ancián que se esforzou por cumprir un xuramento que non debeu pronunciar, dun rapaz que toca o tambor e fai bolboretas de papel, dunha moza boliviana que non quere ser moeda de cambio de ninguén, dunha rapaza que ceba o mate nunha noite de choiva e fastío e dunha nena xudía no gueto de Varsovia son algúns dos protagonistas destes relatos.

Todas as personaxes achegan o seu particular punto de vista dos segredos, arelas, decepcións ou vergoñas que marcan a súa vida; unha visión nunca coincidente coa das outras persoas que comparten os mesmos sucesos, porque a verdade, coma os diamantes, é distinta segundo o ángulo desde a que a observemos.

Trátase dunha serie de relatos que se entrecruzan e personaxes que reaparecen en distintas etapas vitais, creando unha historia plural que abrangue máis de oitenta anos.

presentacion_as_faces_do_diamante quiroga
0.1438889503479