Quiroga abre o prazo para solicitar as axudas a estudantes de ensinanzas superiores

RibeiraSacraXa
A convocatoria deste ano está dotada con 8.000 euros e as solicitudes poderán presentarse ata o 2 de decembro
axudas-estudantes-alumnado-colexio-instituto-recurso
6 Nov 2025

O Concello de Quiroga vén de abrir o praza de solicitude das axudas aos estudantes, menores de 25 anos e dependentes economicamente, que cursan ensinanzas superiores fora do termo municipal de Quiroga durante o curso 2025/2026.

O prazo estará aberto ata o 2 de decembro na sede electrónica do Concello e os estudantes deberán estar empadroado no concello de Quiroga e ser dependente economicamente.

As contías que poderán percibir os solicitantes que cumpran os requisitos, explican dende o Concello, irán en función do número de solicitudes ata esgotar o crédito de 8.000 euros desta convocatoria. As axudas están destinadas ao pago da matrícula educativa, a compra de libros de texto, o alugueiro de vivendas ou os gastos de transporte.

⚙ Configurar cookies
0.070090055465698