Quiroga, a través do CIM, uniuse ao Día internacional da loita contra o Cancro de Mama

Quiroga, a través do Centro de Información á Muller, uniuse ao Día internacional da loita contra o Cancro de Mama organizando unha andaina solidaria para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro.
Durante a mañá do domingo colocouse unha mesa desta entidade benéfica na entrada da casa consistorial para recadar fondos. Foron moitos os veciños e veciñas que se achegaron para amosar a súa solidariedade e tamén para colaborar economicamente con esta loita.
Pola tarde, estaba convocada unha andaina. Partindo dende as inmediacións do Auditorio Municipal, onde tamén se colocaba a mesa da Asociación Española Conta o Cancro, a comitiva poñíase en marcha para recorrer o Paseo Fluvial de Quiroga. Unha andaina tranquila co obxectivo de concienciar sobre a importancia da detección precoz para mellorar o prognóstico e a supervivencia de quen padecen esta enfermidade.