Publicadas no día de hoxe axudas do Concello de Folgoso do Courel

RibeiraSacraXa
O BOP publica as bases das axudas no Concello do Folgoso do Courel para a adquisición de libros e material escolar, transporte e natalidade.
folgoso do courel
17 sep 2021

O BOP publica hoxe as bases das axudas no Concello do Folgoso do Courel para a adquisición de libros e material escolar para os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Educación Primaria e Secundaria, para o transporte de estudantes e tamén as axudas municipais para o apoio da natalidade.

As axudas para a adquisición de libros e material escolar están dirixidas a alumnas/os matriculadas/os de Educación Infantil no CIP Poeta Uxío Novoneyra do Concello de Folgoso do Courel. As axudas será como máximo de 150 euros por cada fillo que estea cursando estudios de educación infantil (2º ciclo) de 3 a 5 anos no curso 2021-2022. A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2021 ata un total de 1.100 euros.

No caso de Educación Primaria e Secundaria, as axudas serán como máximo de 50 euros por cada fillo que estea cursando estudios de Educación Primaria e
Secundaria no CIP Poeta Uxío Novoneyra, no curso 2021-2022. A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2021 ata un total de 1.100 euros.

No caso das axudas de transporte teñen por obxectivo regular as axudas económicas individuais destinadas a sufragar os gastos de desprazamento daqueles alumnos/as do Concello que estudan fóra do termo municipal durante o curso 2021/2022 coa finalidade de axudar na súa formación durante a etapa educativa do Bacharelato, Formación Profesional ou Universitaria, fóra do concello. As axudas será como máximo de 200 euros por cada solicitante.

A aplicación orzamentaria á que se imputarán estas axudas é a 326.48 do orzamento municipal para o 2021 ata un total de 1.800 euros.

As axudas para material escolar e as axudas para o transporte escolar poden pedirse ata o 15 de novembro.

Para as axudas da natalidade o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ó que se produciu o nacemento ou adopción e finalizará o 30 de novembro de 2021. No caso de que o nacemento ou adopción se produza no mes de novembro ou decembro o prazo finalizará o 31 de xaneiro de 2022.

Así mesmo, o obxecto das medidas contempladas na presente ordenanza será, por un lado, establecer medidas complementarias de apoio ás unidades familiares do Concello de Folgoso do Courel e por outro, deseñar mecanismos que axuden a fixar a poboación no Concello evitando así o despoboamento que ven sufrindo mediante axudas a familias que teñan ou adopten un fillo/a no Concello de Folgoso de Courel para os gastos de alimentos infantís ou produtos de hixiene ou farmacia para o bebé.

0.19807600975037