Publicada a guía de ordenación produtiva da aldea modelo de Bustelo de Fisteus de Quiroga

RibeiraSacraXa
Publicado en el DOG el borrador de la guía de ordenación productiva de la aldea modelo Buatelo de Fisteus de Quiroga.
bustelo de fisteus quiroga
15 Mar 2022

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou no día de onte o anuncio da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública os borradores de guías de ordenación produtiva da aldea modelo de Bustelo de Fisteus, no concello lugués de Quiroga.

Esta guía de ordenación produtiva configúranse como un documento técnico no que se delimitan os usos produtivos máis idóneos para a explotación das parcelas incluídas nestas aldeas modelo, dende os puntos de vista económico, técnico, social e ambiental. Nesa liña, contémplanse unha serie de usos preferentes e outros secundarios. Así mesmo, indícanse os prazos e prezos establecidos para os grupos de cultivos e aproveitamentos, así como a descrición das actuacións a levar a cabo para a súa posta en produción.

Na aldea de Bustelo de Fisteus, en Quiroga, apóstase polo aproveitamento gandeiro en extensivo, cultivos de horta, árbores froiteiras e castiñeiros. Neste caso, a figura abrangue unha superficie de 52,03 hectáreas na contorna do núcleo de poboación, distribuídas en 922 parcelas de 164 propietarios.

Os produtores interesados en incorporarse a aldea modelo deben ter en conta que estes borradores de guías de ordenación produtiva se someten a información pública polo prazo dun mes a contar dende hoxe, tempo durante o que poderán realizar as achegas e alegacións que consideren oportunas. Estas guías poden consultarse tanto nos taboleiros de anuncios dos concellos nos que se sitúen as aldeas modelo como na páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (https://agader.xunta.gal/gl/banco-de-terras/aldeas-modelo/). De xeito presencial, os interesados en obter toda a información poderán achegarse ás dependencias da Axencia (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9,00 ás 14,00 horas, logo de solicitar cita previa no número de teléfono 881 997 193.

Enlace ao anuncio no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220314/AnuncioO90-010322-0002_gl.html

0.18627691268921