Protección Civil de Quiroga recibe unha tenda de campaña
O grupo de Protección Civil de Quiroga vén de reforzar o seu equipamento coa incorporación dunha nova tenda de campaña de emerxencias. Trátase dunha estrutura lixeira para o transporte e de fácil montaxe e desmontaxe, que conta ademais coa instalación necesaria para colocar focos LED e con catro tomas de corrente.
A tenda de campaña foi concedida ao Concello de Quiroga polo Goberno autonómico, co fin de que os efectivos de emerxencias do municipio conten co material axeitado para realizar as súas intervencións con maior eficiencia e seguridade. O novo equipamento únese ao furgón e ao remolque equipado con material de emerxencias que a agrupación de Protección Civil recibiu o pasado ano.
O equipo de emerxencias e o grupo de protección civil de Quiroga contan cunha importante infraestrutura que lles permite traballar con maior seguridade e dar resposta ás necesidades de emerxencia dos veciños e veciñas.