Prolongan durante tres días o campus de fútbol de Quiroga
Coa entrega da foto de equipo e unha merenda remataba a pasada semana o XVI Campus de Fútbol. Pero, aínda que estaba previsto que o campus que comezaba o día 15 de xullo rematara o pasado venres non foi así. O motivo foi a boa acollida dos participantes e o interese en que se prolongase algúns días máis.
Preto de 70 nenos participan neste campus que se prolongou durante tres días máis polo que rematará este mércores.
Non obstante, o venres, como estaba previsto, os rapaces gozaron da súa merecida merenda e recibiron a foto de equipo de parte do alcalde, José Luís Rivera e dos concelleiros de deportes e xuventude, Antonio Marcos e Luís Manuel Arias.
O campus de fútbol, ademais dos adestramentos no campo do San Martiño, desenvolve unha parte nas piscinas municipais onde remata todos os días.