Preto dunha vintena de persoas participaron na actividade ‘Pasesos Conscientes’ do programa ‘Descubrir Quiroga’

Este sábado un total de 17 persoas participaron nunha nova actividade do programa de dinamización turística ‘Descubrir Quiroga’, promovido pola Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo.
A proposta, baixo o nome de “Paseos Conscientes”, combinou ioga cun percorrido tranquilo polas beiras do río Quiroga. A sesión estivo guiada por Teresa Taboada, responsable de Espazo Sacro, quen acompañou ao grupo para fomentar a desconexión e o contacto coa natureza.
Esta actividade forma parte da programación especial de verán que busca poñer en valor o entorno natural do municipio e ofrecer experiencias diferentes tanto a veciños como a visitantes.