Arredor de 60 pilotos participarán esta fin de semana na XII Subida a Taboada

RibeiraSacraXa
Será a primeira cita do Campionato Galego de Montaña
escudería-taboada-presenta-subida-a-taboada
Imaxe da presentación da XII Subida a Taboada
25 Apr 2025

A XII Subida a Taboada, organizada pola Escudaría Taboada e o Concello de Taboada, regresa esta fin de semana co respaldo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que xa contribuíu no 2023 á súa recuperación tras 17 anos de parón e que mantén este ano o apoio económico.

Preto de 60 pilotos participarán nesta proba que supón a primeira cita do Campionato Galego de Montaña e conservará o seu trazado habitual, nun treito da estrada LU-611, con saída no Cruce das Seixas e chegada no núcleo urbano de Taboada.

O programa da proba consistirá en dúas pasadas o sábado 26 e outras dúas o domingo 27 de abril.

⚙ Configurar cookies
0.16282510757446