Preto de 6.500 persoas visitaron os Museos Xeolóxico e Etnográfico de Quiroga en 2024

RibeiraSacraXa
Desde a súa apertura, ambos suman preto de 64.000 visitas
Museo Xeolóxico de Quiroga
Museo Xeolóxico de Quiroga
11 Jan 2025

A Oficia de Turismo e os Museos quirogueses veñen de facer públicos os datos das visitas acadadas durante o pasado ano.
Preto de 6.500 persoas achegáronse aos Museos Xeolóxico (3.660 persoas) e Etnográfico (2.873 persoas), unha cifra supera as acadadas anteriormente e, supoñen os mellores datos dende a súa apertura.

As xornadas de portas abertas dentro do programa “Coñece os Museos de Quiroga” e a inclusión en programas de diferentes centros educativos, así como o programa turístico “Descubrir Quiroga”, segundo matiza o Concelleiro de Turismo, Vicente Parra, contribuíron a acadar estes bos resultados.

O Museo Xeolóxico, dende a súa posta en marcha no ano 2011 acadou as 28.540 visitas, número que no caso do Museo Etnográfico, que abría as súas portas 4 anos antes, queda fixado en 30.216. Dende os seus comezos suman preto de 64.000 persoas que se achegaron a coñecer o pasado de Quiroga e o do Xeoparque Montañas do Courel a través destes dous recintos museísticos.

No caso concreto do Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel, a Oficina de Turismo informa de que foron 3.624 as persoas que se achegaron ata estas instalacións situadas na Casa da Cultura. No caso da procedencia destes demandantes de información con diferencia encabezan a lista madrileños, seguidos dos barceloneses e galegos. En canto ás consultas a través de chamadas telefónicas sitúase en 524 e 346 as feitas a través de correo electrónico.

0.17326283454895