Preto de 300 escolares monfortinos participaron nas actividades do programa “Ler conta moito”

A Casa da Cultura Lois Pereiro acolleu este venres a segunda sesión do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, organizada en colaboración coa Biblioteca Municipal. O ciclo, dirixido a alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria dos centros educativos da cidade, reuniu arredor de 300 escolares nas dúas actividades.
Nesta última sesión, o alumnado de 2º de Primaria disfrutou do espectáculo “4 monos”, a cargo da compañía Tropa de Trapo, especializada en obradoiros educativos, actividades de animación á lectura e teatro infantil. O espectáculo presentou catro monos con cadansúa historia que convidaron aos escolares a escoitar, observar, reflexionar e soñar cun mundo diferente.
Con esta sesión pechouse o ciclo que comezou o pasado venres 19 co espectáculo “Maxia para soñar”, protagonizado polo ilusionista Mago Marco e dirixido ao alumnado de 1º de Primaria. Na súa actuación, os escolares participaron en aparicións, desaparicións e levitacións, converténdose eles mesmos nos protagonistas da maxia interactiva.
“O obxectivo deste programa”, destacou o Alcalde, José Tomé Roca, “é dar a coñecer e fomentar a lectura entre os alumnos e alumnas dos diferentes centros de ensino de Monforte”.
“Ler conta moito” é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Cultura, en colaboración cos Concellos con bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia, co fin de achegar aos escolares aos espazos bibliotecarios a través de actividades atractivas e interactivas.
“Ler conta moito” es un programa de dinamización de la lectura en las bibliotecas públicas promovido por la Dirección General de Cultura, en colaboración con los ayuntamientos con bibliotecas integradas en la Red de Bibliotecas de Galicia, con el objetivo de acercar a los escolares a los espacios bibliotecarios a través de actividades atractivas e interactivas.