Presentáronse propostas para elaborar o Plan Director da Agrupación Empresarial Ribeira Sacra Next

RibeiraSacraXa
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebrou unha xornada para presentar propostas de cara a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next.
Ribeira Sacra Next
29 Mar 2024

A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra celebrou unha xornada para presentar propostas de cara a elaboración do Plan Director da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next. Iniciábase así un proceso de participación para definir o que queren os todos sectores empresariais deste territorio.

O encontro para definir ese plan de acción tivo lugar no Hotel Cardenal de Monforte de Lemos, onde se deron cita medio cento de persoas para coñecer a exposición que desenvolverían Andrés Mazaira Castro, Profesor do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo-Ourense (Coordinador do Observatorio Económico Provincial de Ourense) e José Pablo Abeal Vázquez, Profesor do Departamento de Empresa da Universidade da Coruña.

Os dous relatores plantexaron as súas propostas e metodoloxías de traballo para debater entre os presentes: “Falamos de pensar o territorio e que as empresas poidan facer a súa actividade e tamén traballar en conxunto. O sábado comezamos un proceso de participación para definir o que queremos todos os sectores empresariais da Ribeira Sacra”, destacaba Severino Rodríguez, Secretario da Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra.

Todo o proceso de elaboración do Plan Director comezará cunha diagnose da situación do territorio Ribeira Sacra e desde ese momento en adiante “cantos máis sexamos, faremos un plan mellor”, repetiron as Universidades.

As dúas propostas aséntanse nos mesmos piares para sacar adiante un Plan Director realizado sobre o terreo, no que a participación é fundamental para acadar a súa execución e poder conseguir obxectivos.

Á xornada asistiron empresas de tódolos sectores representados na Agrupación, representantes de entidades colaboradoras, alumnado de materias vinculadas coa temática e outras persoas interesadas.

Entre os asistentes, decidiuse nun debate posterior, desenvolver o Plan Director coa Uiversidade da Coruña, implicando tamén á Universidade Vigo-Ourense. “Ambos transmitiron ilusión. En 16-20 semanas o Plan estará en papel e ao día seguinte comezamos a aplicalo” concluía o Presidente da Agrupación Empresarial Ribeira Sacra Next, Manuel Dacosta.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

I am text block. Click edit button to change this text. Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus, luctus nec ullamcorper mattis, pulvinar dapibus leo.

0.1831488609314