Presentado o percorrido da etapa lucense do Gran Camiño

RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa
Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada completan o itinerario da segunda etapa da volta, que se celebrará o 23 de febreiro.
etapa lucense gran camino
21 Xan 2024

Taboada, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada completan o itinerario da segunda etapa da volta, que se celebrará o 23 de febreiro.

O vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro participou esta tarde na presentación do percorrido da volta ciclista profesional O Gran Camiño que, por terceiro ano consecutivo, traerá á provincia de Lugo os mellores equipos e ciclistas internacionais, co patrocinio da área de Deportes.

No acto, celebrado no Audiotorio Fontán, en Compostela, desvelouse o percorrido completo da etapa lucense, a segunda da volta, que se disputará o 23 de febreiro e que pasará por oito concellos. Taboada -saída da etapa-, Monterroso, Palas de Rei, Guntín, Portomarín, Paradela, O Saviñao e Chantada -chegada – completan o itinerario lucense da proba, que concede especial protagonismo ás ribeiras do Miño.

Efrén Castro sinalou que “desde a primeira edición, O Gran Camiño situou as comarcas de Lugo como escenario do mellor ciclismo internacional, o que supón unha plataforma inmellorable para a proxección do territorio ao chegar a pantallas de todo o mundo” e valorou “que nesta terceira edición, o itinerario teña como referencia o Miño, un dos elementos xeográficos máis emblemáticos de Galiza, e contribúa ao recoñecemento da viticultura da Ribeira Sacra, fundamental para o mantemento das paisaxes e do dinamismo económico, social e cultural das comarcas do sur de Lugo”.

0.19198799133301