Presentado o cartel do Folión de Carros de Chantada

RibeiraSacraXa
Este 27 de xuño presentouse en Chantada o cartel do Folión de Carros de Chantada, que se celebrará o vindeiro 27 de agosto.
folion carros 3
28 Xuño 2022

Este 27 de xuño presentouse en Chantada o cartel do Folión de Carros de Chantada, que se celebrará o vindeiro 27 de agosto coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Nun acto na Praza do Cantón, a Asociación de Amigos do Folión, organizadora do evento, deu a coñecer a imaxe seleccionada para difundir esta cita tradicional entre os debuxos realizados por alumnas e alumnos do IES Val do Asma.

Esta é unha Festa de Interese Turístico Galego que consiste nun desfile de carros do país e carrozas que representan os oficios tradicionais da comarca de Chantada.

folion carros
0.14512896537781