Presentación das festas patronais de Monforte, do 11 ao 16 de agosto

RibeiraSacraXa
Presentación do programa das festas patronais 2022 de Monforte, que este ano terán lugar do 11 ao 16 de agosto
patronais monforte
28 Jul 2022

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, da a coñecer o programa completo das festas patronais 2022, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto na cidade do Cabe.

“Por fin despois destes dous últimos anos” salientou José Tomé, Monforte volve a celebrar as súas festas atronais que volven por todo o alto, e creo que van ser unhas festas para recordar”, destaca o alcalde que basea o éxito das mesmas en diversos motivos: “en primeiro lugar, porque volven despois da pandemia; en segundo lugar, porque vai haber máis días de festa, unha excepción que nunca houbo; e terceiro lugar, por o programa que está preparado para as festas, cheo de concertos gratuítos, os fogos de San Vicente e do Río, pasarrúas (...)

O alcalde recorda que foi no mes de maio cando se anunciaron os concertos musicais das festas e sinala que “estamos convencidos de que os concertos programados van ser capaces de encher o recinto das festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ó variado dos estilos musicais”.

Tal e como se comprometera o alcalde, Monforte contará este ano cun día máis de festas patronais pasando de 5 a 6 días. De tal xeito que o día do pregón será o día 10 de agosto, a cargo de Margarita Rodríguez Otero, e os concertos comezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto.

“Monforte volve a celebrar esas festas patronais por todo o alto, dando ese paso definitivo cara á normalidade que todos desexamos”, recalca o rexedor municipal.

Tamén durante a celebración das festas patronais, terán lugar as actuacións, entre outros, do grupo de batucada creativa, do grupo de gaitas e pandereteiras Os Xograres de Lemos, do grupo de batucada Baturruca, e da asociación cultural Amigos da Pandeireta, todos eles de Monforte, que amenizarán con pasarrúas as tardes dos días 11, 12, 13 e 16 de agosto.

O luns 15, terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Pola tarde, na praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza serán de Monforte.

Unhas festas patronais esenciais para a dinamización económica da cidade. “Porque”, continuou José Tomé, “as festas patronais son un revulsivo económico que permite que moitas pequenas empresas garantan a súa pervivencia pola actividade económica que desenvolven nesas datas”.

O rexedor monfortino sinala que “hoxe xa se fala das festas de Monforte como un referente non só no sur da provincia, senón tamén en outras moitas zonas de Galicia, e creo que co programa musical que as protagonizarán este ano, vas supor un rotundo éxito para o noso Concello. Porque creo que este ano, as festas patronais teñen probablemente o mellor programa musical en moitos anos, tanto no que se refire ós concertos, como o que se refire ás orquestras que acompañan ás actuacións principais”.

“En resumo”, conclúe o alcalde, “creo que o programa que elaboramos para as nosas festas patronais deste ano 2022, é un moi bon programa que pretende que as festas sexan cada vez máis as festas de todos e que, dalgunha maneira, os veciños e veciñas de Monforte e de fora da cidade teñan a certeza de que hai unha liña de continuidade relativa á variedade e á calidade das nosas festas, liña que recuperamos tras o parón de dous anos motivado pola pandemia”.

0.16349983215332