Preocupación no PP pola posible adxudicación irregular nas obras realizadas por Adif entre Monforte e Lugo

LugoXa | RibeiraSacraXa
O informe da UCO no marco da Operación Koldo recollería unha suposta adxudicación irregular polas obras de emerxencias levadas a cabo por Adif entre Monforte de Lemos e Lugo
mural-estación-tren-Monforte-Adif
13 Jun 2025

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte amosaron a súa “preocupación” tras ter coñecemento de que o nome de Monforte podería aparecer no informe da UCO no marco da Operación Koldo.

A voceira popular, Katy Varela sinala que “segundo as informacións que nos chegan, nese informe aparecería o nome de Monforte, en relación a unha suposta adxudicación irregular polas obras de emerxencias levadas a cabo por Adif entre Monforte de Lemos e Lugo”. Trataríase dunha obra de un millón e medio de euros na que o empresario Daniel Fernández Menéndez lle solicita a Koldo García a súa mediación para adxudicar a unha determinada empresa a obra en cuestión.

“Non temos constancia de que o nome do noso alcalde salga neses documentos, e non vamos a facer acusacións infundadas, pero si nos preocupa que salga nomes próximos ao noso municipio como a pregoeira das últimas festas, Isabel Pardo de Vera ou o secretario Santos Cerdán, que recentemente estivo na nosa cidade. Ademais non nos gusta que o nome de Monforte salga nun informe que pode ser clave en distintas imputacións sobre adxudicacións irregulares”, sinalou.

“Deixaremos ás autoridades realizar as investigacións oportunas pero se, chegado o momento, temos acceso á documentación con información relevante ou hai indicios de que o alcalde de Monforte estaba ao tanto desta situación lle esixiremos que dea as explicacións oportunas porque baixo ningún concepto imos a permitir que ninguén ensucie o nome da nosa cidade”, afirmou.

⚙ Configurar cookies
0.17067313194275