Preocupación en Centeais e Paradaseca polo avance das lapas

RibeiraSacraXa
As lapas do incendio de Quiroga continúan o seu avance e preocupa a súa progresión cara o Courel
incendio-quiroga
19 Aug 2025

A vaga de lumes que desde o mércores afecta ao municipio de Quiroga continúa sen dar tregua. O incendio, iniciado no concello ourensán de Larouco, leva xa preto de 20.000 hectáreas arrasadas segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural, converténdose nun dos máis graves rexistrados en Galicia.

Na tarde do luns o lume chegou a comportarse como un incendio convectivo, xerando o seu propio sistema de ventos, o que complicou enormemente as tarefas de extinción e a previsión da súa evolución. A situación volveu ser crítica para os núcleos de Bendollo, Centeais e Vilar de Mondelo, onde traballadores, voluntarios e veciños fixeron fronte ás lapas para evitar que alcanzasen as vivendas.

A situación vívese este luns con especial preocupación nas localides de Centeais e Paradaseca. Ademais, segundo os datos desta mañá,o lume avanza cara os lugares de Outeiro ,Soldón da Seara, e a aldea de O Mazo, e preocupa o seu avance cara o Courel.

A mellora das condicións meteorolóxicas deste luns permitiu por primeira vez en días a intervención dos medios aéreos, que resultaron clave para frear o avance do lume qu, aínda así, superaronn Chao da Casa e alcanzaron o val de Vilar de Mondelo, aínda que foron contidas antes de chegar ao núcleo. Tamén se conseguiu protexer as aldeas de Piñor, Rugando e Vilarmel. A situación pola noite complicouse especialmente em Bendollo, Vilar de Mondelo e Centeais, onde a situación hoxe segue sendo preocupante.

Os danos, con todo, xa son graves. O coche dunha veciña quedou calcinado polas chamas, en Alvaredos ardeu unha vivenda habitada e en Ferreira o lume destruíu case por completo a aldea, salvándose só unhas poucas casas.

A magnitude do incendio levou a que varias autoridades se desprazasen á zona. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, supervisou o operativo da UME en Quiroga, mentres que o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo reunións cos alcaldes da zona e a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias. Xa pola tarde, a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, acudiu ao posto de mando para coñecer de primeira man a evolución dun incendio que afecta tanto á provincia de Lugo como á de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.067138195037842