Por Chantada reclama a PP e PSOE "que se deixen de espectáculos" e melloren as estradas da comarca

RibeiraSacraXa
A formación acusa a populares e socialistas de centrarse no cruce de acusacións polo estado dos viais e non atender ás "necesidades da xente"
chantada estrada municipal
25 Feb 2021

Por Chantada CUP denuncia o "estado de abandono" das estradas no municipio, como tamén as de Carballedo e Taboada, que constitúen "un perigo para a seguridade viaria".

Aseguran que nestes viais "existen fochancas moi grandes que son un verdadeiro perigo, e máis nos días de choiva, e tramos totalmente impracticables". Por Chantada critica que, fronte a esta situación, "as institucións seguen co cruce de acusacións en canto ao estado das estradas en toda a comarca de Chantada, no canto de colaborar polo ben da xente á que deberían servir".

Desde o colectivo cidadán Por un Interior Galego Vivo veñen demandando que o rural precisa un plano integral de investimentos coordinados entre institucións "para deter a devacle demográfica,  xerar valor engadido e postos de traballo no sector primario, e permitir o futuro da mocidade na nosa terra, afondar nun modelo alternativo para os coidados centrado no benestar, no rural e nunhas infraestruturas dignas que non poñan en perigo os bens e a propia saúde das persoas”.

"Se o que PP e PSOE teñen que ofrecer ao interior galego son espectáculos desta índole, en canto nos teñen abandonados e coas infraestruturas nun estado calamitoso, só nos queda dicirlles: que se vaian, que se vaian todos", rematan.

estrada Lu P 1805 chantada
0.15176200866699